Thursday 28 de March de 2024

Primeira clase de iniciación á defensa persoal para mulleres


A segunda sesión terá lugar o vindeiro sábado no ximnasio Campomaior

Tivo lugar no ximnasio Campomaior a primeira sesión do curso de iniciación á defensa persoal para mulleres, na cal participaron arredor dunha vintena de persoas. Organizado pola asociación Enfeitizados foi impartida por José Veiga, mestre nacional de aikido Dan Cshihan-Dad de Aikido Dentó Ryu. El foi o encargado de ensinar distintas técnicas de bloqueo e confrontación en caso de agresión física.
As persoas interesadas en participar nesta actividade volverán a ter outra oportunidade o vindeiro sábado, 19 de maio, no mesmo lugar e no mesmo horario, de 10 a 12 horas. O número de prazas é limitado e o prezo é de 12 € por sesión. Cabe ter en conta que as socias da asociación Enfeitizados teñen un desconto de 2 €. As inscricións débense facer por teléfono chamando ao 630723431.
O Concello de Ordes colabora na posta en marcha deste curso.